Xabier Liz (Santiago de Compostela, 1971) expuso por primeira vez en Coimbra (Portugal) en 1995. Autodidacta, compaxinou o traballo pictórico coa literatura e a fotografía ademáis da docencia. A súa carreira artística está marcada polo influenza do artista Leopoldo Nóvoa, os informalismos abstractos e pola arte tradicional africana.

A súa obra basase na creación dunha linguaxe pictórica persoal que constrúe un particular universo artístico. As súas pinturas analizan a influencia da arte africana e do elemento máxico-matérico na arte contemporánea a través de imaxes cheas de significado e materiais próximos á natureza. O uso de cinza, metal, madeira ou pedra pómez crea texturas e paisaxes nas súas obras, que rompen as dúas dimensións para proxectarse cara ao público
e xogar coas sombras e os volumes no espazo.

O proceso pictórico de Xabier Liz transcende o mundo da pintura para situarse nunha viaxe case escultórica nas primeiras etapas das súas obras, completando unha capa tras outra coa inclusión de formas e obxectos.

Ler máis


Chama a atención a case total ausencia de pintura nesta colección de obras, traballando coas cores que a mesma natureza proporciona e soamente alterándoas por medio de pigmentos. Pódese dicir que o que habitualmente se chama técnica mixta no mundo da arte, é investigado e despregado en múltiples dimensións co uso de máis de dez materiais distintos en cada cadro. Son pezas que agradecen un percorrido visual detido, deambulando polas arquitecturas e superficies que guían ao espectador nos seus camiños.


Expuxo a súa obra individualmente “180º Norte” (2018) na Casa da Cultura de Luarca e posteriormente en El Estudio, Xixón; “De materia” (2018), na Galería Octógono en Avilés e “Fetiches” (2019), en Os Catro gatos, Espazo para a Arte, Santiago de Compostela. Colectivamente, a súa obra expúxose en diferentes lugares: LABoral Center for Art and Industrial Creation, na sala de exposicións do edificio histórico da Universidade de Oviedo ou no Festival Internazionale della Fotografia di Roma, entre outros.