Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e graduado na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela Vicente Prego expón regularmente nas principais galerías de Galicia e a súa obra figura nas coleccións de importantes institucións e museos galegos: Deputación Provincial da Coruña, Unión Fenosa, Xunta de Galicia, Consorcio de Santiago, Caixanova, Universidade da Coruña e Caixa Galicia.

A súa obra cabalga entre a figuración e a abstracción, fondos informalistas con recreacións de arquitecturas clásicas ou paisaxes, imaxes reais ou inventadas, como unha exploración a través dun itinerario difuminado polo recordo. Na súa obra mantense ese desexo de atopar un territorio de equilibrio entre orde e caos, figuración e abstracción, azar e premeditación, realidade e ficción.