“Moedas de cambio 1” de Natasha Lelenco – Acrílico s/táboa, 55×55 cm.

500,00

SERIE – Moedas de Cambio.

DISPOÑIBLE

Sobre a obra

Con esta serie volvo traballar sobre a idea do valor e do prezo, propoñendo ao público a adquisición dunha moeda cun valor de cambio unicamente válido para obra futura da miña autoría. Este valor de cambio, que nada ten que ver cun posible valor engadido da obra en si (a propia moeda), decídese ademais de maneira completamente arbitraria sen que entre o prezo dunha moeda e doutra medie consideración razoada algunha. Estas moedas trasladan o valor engadido do obxecto artístico cara a futuros traballos, deixando de lado, conscientemente, calquera sobrevaloración simbólica que derive do traballo creativo. Con todo, cada peza é unha obra única elaborada en técnica mixta, asinada e cunha certificación de obra orixinal. O habitual é que a cara das moedas sexa a do rei, do presidente da república, ou de figuras que remiten a unha clara identificación nacional. Estas moedas, pola contra, presentan unha colección de perfís anónimos inxeridos en frases ás veces desconcertantes que remiten á idea dunha enorme comunidade de cidadáns que viven no “non ser de aquí”, personaxes que habitan na depreciación que tantas veces marca a orixe, a lei, a desigualdade.