(Vigo, 1979) recibe a súa formación académica en pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo (EMAO).
Desenvolve a súa actividade artística dende os noventa. Tras anos de pintura figurativa, actualmente o seu traballo e a súa labor investigadora céntranse no eido da pintura contemporánea, concretamente no expresionismo abstracto, o cal permítelle a síntese de ideas, así coma unha relación máis directa e profunda coa súa obra.
Nuria vive a arte coma un proceso de investigación permanente, o que implica receptividade, permeabilidade e plena atención á súa contorna, ás súas emocións e sensacións, o que asemade, lévalle á procura de novos lugares e situacións…Unha viaxe continua.
Os seus mundos emocional e sensorial constitúen a esencia da súa obra, producíndose unha interacción constante entre esta e mais eles, o que lle outorga a cada obra, por unha banda, o seu carácter lírico e intimista e por outra, a súa enorme forza, que contrasta coa fraxilidade do seu soporte, o papel. Estes aspectos, reflíctense en enérxicos trazos e cores, en gran medida, agrisadas.

Ler máis

Así, a obra de Nuria Lago convértese nunha fonte de estimulación sensorial, primeiro, para si mesma e de seguido, para o espectador, tratando de potenciar a súa atención cara o cotián e procurando que este sexa quen de chegar a “mirar” algo onde aparentemente non hai “nada”.
Algunhas das súas exposicións máis recentes son: exposición colectiva XVI “Certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas” (A Coruña); (2020); “Las resilientes. Memorias imborrables”, exposición colectiva coa plataforma “Mujeres Mirando Mujeres”; (2020); “El poder de la presencia II”, no Museo de las Mujeres de Costa Rica, coa plataforma “Mujeres Mirando Mujeres”; (2020); exposición individual “Naturaleza Humana” (Malasaña, Madrid); (2020); exposición colectiva “El poder de la presencia II”, coa plataforma “Mujeres Mirando Mujeres” (Rede Museística de Lugo); (2019); exposición individual “Insuas”; Centro Empresarial do Tambre (Santiago de Compostela); (2019); exposición colectiva en “Galleri Bellman” (Estocolmo; 2018); “Abstracción irreversible” (exposición individual en “Sala Apo´strophe”, Vigo; 2018).