portada da obra

SINOPSE:

De Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), este libro recolle as biografías de vinte galegas que abriron as portas da ciencia vencendo obstáculos e, en ocasións, burlas e desprezos, e deron paso a milleiros de mulleres.
Este libro é homenaxe e alentó, é memoria e presente e, sobre todo, é saberse futuro.

.

.páxinas interiores

NOTA DA AUTORA:

«Hai tempo que lle debía a unha amiga un libro sobre mulleres e ciencia, un libro que animase as novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen; un libro que axudase a romper estereotipos de xénero e abrise as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. E, para iso, decidín apoiarme na historia de vinte mulleres científicas.
A súa elección non foi froito do azar. Os criterios de selección estiveron guiados por varias premisas.
A primeira delas, a galeguidade, é dicir, que fosen mulleres, nadas ou non en Galicia —a maioría naceron aquí— cuxas vidas profesionais se desenvolvesen ou estivesen fortemente vinculadas a esta terra.
A segunda premisa foi que esas mulleres atravesasen as portas —tanto tempo pechadas para elas— do mundo científico e tecnolóxico e o fixesen a pesar dos obstáculos e, en ocasións, das burlas e dos desprezos. Quixen rescatar as pioneiras, as primeiras, as que abriron o camiño para as demais.
Por último, o criterio cronolóxico levoume a comezar no século XVIII, onde atopei a Isabel Zendal, e terminar en 1948. As razóns para rematar nese ano foron, por unha banda, pechar unha década e, por outra, retratar parte dos anos máis difíciles de España, coa Guerra Civil polo medio. Desde logo, as décadas dos 50 e 60 do século XX tampouco foron fáciles para as mulleres, pero o maio do 68 en Francia e a segunda onda feminista que percorreu as décadas dos 60, 70 e 80 daban azos cara á procura dunha sociedade igualitaria.
Aínda seguindo estes criterios quero aclarar que hai moitas máis mulleres galegas que desde o século XVIII e ata os anos 50 do xx se dedicaron ao mundo da ciencia, a tecnoloxía e a investigación. Centos. E hoxe, máis de medio século despois, miles. E queremos ser centos de miles.
Este libro é homenaxe e alento, é memoria e presente e, sobre todo, é saberse futuro».

.
SOBRE AS AUTORAS:

.
ISABEL BLANCO (Vigo, 1962). Tras gañar diferentes concursos literarios, en 2012 publicou o seu primeiro libro de relatos, Historias de almas inquietas (Belagua, 2015), ao que lle seguiron Los mundos ajenos (Belagua, 2015) e o poemario en galego Verbas cum (Belagua, 2015) ilustrado pola artista Irene Silva Xiráldez.
É autora, ademais, da biografía novelada María Vinyals, un talento rebelde (Belagua, 2018) e coautora, xunto á ilustradora Luz Beloso, da colección Rosaura (Belagua, 2018) de álbumes ilustrados infantís (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz).
Licenciada en Dereito, exerce en Vigo como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.

.
MARÍA LAPIDO (Ferrol, 1988). Estudou Fotografía Artística no EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Vinculada ao activismo feminista, traballa sobre a imaxe da muller como suxeito activo e pinta acuarelas de mulleres nas que a expresividade dos xestos das retratadas transmiten forza e vulnerabilidade, nunha sorte de equilibrio emocional reflexo da
complexidade da identidade feminina na nosa enxuizadora sociedade.

.
CONTACTO COAS AUTORAS:
Isabel Blanco: Tel. 695 552 504
María Lapido: Tel. 690 104 374

.
MÁIS INFORMACIÓN:
Edurne Baines
Directora de Belagua Ediciones
correo@belaguaediciones.com
Tfno: 697 374 640

.Descobre a Maria Lapido