Son unha moldava amoldavada a Galicia. Nacín en Chisinau, e despois dunha paréntese de dez anos de troulas estudantís en Rumanía, dende 2009 pérdome e atópome nestas terras galegas.

Dende que lembro ter uso da razón, as artes foron sempre para min unha prioridade. En Rumanía, licencieime en Belas Artes pola Universidade de Cluj Napoca e aquí en Galicia, fun adicando progresivamente máis tempo ao meu proxecto artístico e hoxe traballo exclusivamente nel.

Como adoita ser entre artistas, a miña práctica artística é a materialización do meu entender da arte, que considero un recurso pre-verbal e atávico entre persoas e xeracións, capaz de explicar e atribuirlle un sentido ou, polo contrario, un sen sentido á vida e ao ser humano.

A miña aposta é figurativa en tanto que a nosa historia e existencia son antropomorfas e antropocéntricas, aínda.

Ler máis

Os meus traballos xiran arredor de temas principalmente humanos: a morte, a conformación do relato histórico, a percepción do valor, a construción da subxectividade, o microcosmos da familia, abordados nun xogo plástico de repeticións, xustaposicións de cores, deformacións a favor do verismo psicolóxico e utilización arbitraria de elementos e recursos que teño polo taller.

EXPOSICIÓNS

Feiras e colectivas

Elas, Galería Visol Ourense, novembro 2019

Hybrid Festival, Sala Alfama Madrid, setembro 2019

Nordart International Art Exhibition. Büdelsdorf, Alemaña, xullo – outubro 2019

Tres tristes artistas entre tantos tristes trastos, Casa das Peritas Mallas, Fisterra con María Magán e Jose Perozo. Arte & Vermú Petroni. Xullo – agosto 2019

Justxl Art Fair. Museo dous Carrís, Lisboa, Portugal, maio 2019; con Galería La Doce.

Hybrid Art Fair. marzo 2019 en Hotel Petit Palace Santa Bárbara, Madrid, con Galería La Doce.

XXI Premio Artes Plásticas El Brocense Diputación de Cáceres. decembro 2018 – xaneiro 2019.

Open Studio en Casa das Peritas, Mallas, Fisterra con Luisa Álvarez. Arte & Vermú Petroni, xullo – agosto 2018.

Rotary Internacional Alicante. Club Información, Alicante. 2018

Arte Aparte. Espazo Belleartes, Cáceres. 2018

Librarte, Feria del Libro de Artista de Castela e León, abril 2018, Mosterio de San Xoán. Burgos. Con Casa das Peritas

Arts Libris Barcelona 2018. abril 2018 Centre d’arts Santa Mónica. Barcelona. Con Casa das Peritas.

Hybrid Art Fair & Festival. febreiro 2018 en Hotel Petit Palace Santa Bárbara, Madrid, con Galería La Doce Solo shows.

Adopta Un Señor Importante. 2016 – 2017  – La Doce, Boiro. Decembro – xaneiro 2016.  – El Cercano, Ourense. marzo 2017. – Estudio aberto na Casa das Peritas, Mallas, Fisterra. Abril, 2017 – La Ferretería, Eventos & Co. Lugo. abril -maio, 2017 – Os Catro Gatos, espazo para a arte, Santiago de Compostela. Maio – xuño, 2017 – Casa das Peritas. Xuño 2017

Pamântesti, das Terras. 2012-2014 – Sala Mitte, Barcelona, 2012. – Museo Etnolóxico de Ribadavia 2013. – Centro Cultural Fontiñas, Santiago de Compostela, 2014.

Interseccións. Instalación Site specific para a lagoa da Universidade Ourense – Outono Fotográfico. 2014. Fin da Terra Costa da Morte. 2015 – Sala de exposicións do Faro de Fisterra, 2015.