Xinebra, 1988. Artista galega-suiza, desenvolve a súa carreira profesional no mundo da música como vocalista e compositora, así como na pintura tras un incidente que a tivo en parón e repouso absoluto, e durante o cal foi desenvolvendo a súa propia técnica e estilo nesa arte. Sobre lenzos redondos, ovalados ou mesmo triángulos, mistura acrílicos con purpurinas e materiais relieve como o “cerne relief”, creando detallados universos coloristas que emulan ao macro e ao nano, a profundidade, e con destellos constantes de luz froito das capas de cores coidadosamente elexidas das purpurinas.