O pasado sábado 8 de Xaneiro inauguróuse a nova exposición de Manuel Nietto, ” Mirarei “.

O observador, polo xeral, rexeita todo aquilo que lle parece complicado a primeira vista. Esa virxe e espontánea visión trata de simplificar e de atopar sentido, de definir un resumen válido e que se poida entender sen moito esforzo. Non gusta pensar moito fora do cotiá. Non gusta gastar enerxía en algo que non se entenda simple e rapidamente. Só uns poucos curiosos e investigadores en potencia intentan facelo. Ole por eles! . Outros están á espera de momentos nos que, a súa mente está mais sosegada ou se atopa nun período de tranquilidade. Son nestas situacións nas que se amosan por sorpresa aquelas formas que nun principio foron rexeitadas e nas que a mente e o corazón se sincronizan para expandirse e descifrar as composicións mais labirínticas e complicadas.
Unha vez que se acaba de intuír a representación, cando se clarifica a idea e se conforman as masas, formas e cores, empeza a procura do proceso creativo. É aquí cando o observador ten que atopar o camiño da inspiración, aquelo que empurrou ao artista a crear.
Esta colección de obras expresionistas que vos presento baixo o título de Mirarei, non foxen da abstracción pero tampouco se adentran plenamente nela. Con elas presento soños, percepcións, nostalxia e incluso ilusións armadas de luz, color, optimismo e a alegría de vivir.
Desexo que sexan do voso agrado .

Manuel Nietto

A exposición poderase visitar en horario de martes a sábados de 18 a 21 h en Os Catro Gatos, Rúa das Rodas, 13. Santiago de Compostela.

Descobre as obras de Manuel Nietto