O campo artístico que abarca a miña obra vai  dende a escultura ata o debuxo, pasando polos  libros obxetos ata a deconstrución das fronteiras  entre a gráfica e o bulto redondo, entre a escultura  e o obxeto e entre a instalación e a ocupación. As miñas ideas nadas da realidade que me rodea,  buscan a alegoria do non obvio, do camiño  socialmente difícil e do realmente sincero. Falo  de intrahistoria, de intrasentimentos e falo cun  lenguaxe alen das palabras.  

Obxetos esquecidos, figuración contextualizada,  anatomia desmembrada, espazos habitados,  derivas perimetradas, heterutopías e figuras  atrapadas en si mesmas como a nosa sociedade,  imposible sair.