ARTISTA
María Lapido

Son María Lapido Gestal e nacín o 26 de decembro de 1988 en Ferrol, ainda que dende hai 15 anos resido en Santiago de Compostela.
Pinto dende sempre; nas fotografías de cativa, de momentos que non recordo, é habitual verme con pinturas na man.
Intrigada polo mundo das imaxes, como as percibimos, procesamos e asimilamos, estudei Fotografía Artística no EASD Mestre Mateo, intereseime especialmente pola teoría da imaxe e como inflúe o noso entorno ou cultura na percepción de unha obra artística o que, de xeito automático nos leva a cuestionar a historia da arte, o concepto de beleza, a estética no deseño…
Sinto que o primeiro paso consciente para eu comezar a crear obra artística deuse cando analicei o concepto de musa e quixen, a través da serie fotográfica “Energeia”(2014), empoderar ás mulleres retratadas.
Demasiadas imaxes de mulleres chegaron a mín con evidente sesgo patriarcal no momento no que eu comezaba a definirme como muller adulta, precisei de xerar, eu mesma, novas imaxes de mulleres.
Logo de fotografar numerosísimas mulleres, comecei a intervir esas mesmas fotografías, manchei, cortei e pintei, o que me levou a reinterpretar as fotografías en acuarela e traballar, xa de xeito habitual, nesta técnica.
Xurdiu “Diversas” (2018), unha serie de retratos femininos en acuarela, proxecto vinculado á galería ArteNostrum de Mondariz, no que se pretendeu, partindo do uso variado da cor e a forma, xerar contraste entre o retrato feminino e a súa contorna, creando unha atmósfera onde a realidade vira poliédrica e relativa. A beleza, neste ambiente, resultou ser unha ollada poderosa e amable, de igual a igual, entre muller pintada e a que mira.
Ler máisEn “Todas e Ningunha” (2019) presentada en Os Catro Gatos en Santiago de Compostela, xa eu crecendo a nivel artístico vinculada ao activismo feminista, seguín traballando na imaxe de suxeito activo da muller. Na mostra seleccionáronse acuarelas de mulleres nas que a expresividade dos xestos das retratadas transmiten forza e vulnerabilidade, nunha sorte de equilibrio emocional reflexo da complexidade da identidade feminina na nosa enxuizadora sociedade.
As miñas experiencias e traballos dende entón derivaron no meu interese actual na ilustración, na arte urbana, na estampación e no deseño de producto, respondendo, en primeiro lugar, a comunicarme conmigo mesma e, en segundo lugar, en responsabilizarme das miñas creacións, trasladando ao experctador ou expectadora unha imaxe forte e combativa da muller, sen rachar totalmente cos roles tradicionais, dándolle dignidade aos coidados e goce ás emocións.
FILTRA + A BÚSQUEDA
Mostrando los 12 resultados
-
“Acceder á Ciencia – Dous” de María Lapido, Acuarela e gouache s/ papel Canson 200gr., 20×29 cm.
40,00€ -
“Ninfa Verde” de María Lapido, Acuarela e tinta s/ papel Canson 200gr., 15×21 cm.
40,00€ -
“Ninfa Verde” de María Lapido, Acuarela e tinta s/ papel Canson 200gr., 26,5×28,5 cm.
40,00€ -
“Acceder á Ciencia – Un” de María Lapido, Acuarela e gouache s/ papel Canson 200gr., 20×29 cm.
40,00€ -
“Máscara Cabeza de Puma” de María Lapido, Gouache s/ papel , 25,5×25,5 cm.
40,00€ -
“Zorra un” de María Lapido, Acuarela s/ papel Canson 300 gr., 21,5×31,5 cm.
110,00€ -
“Zorra tres” de María Lapido, Acuarela s/ papel Canson 300 gr., 21,5×31,5 cm.
110,00€ -
“Zorra dous” de María Lapido, Acuarela s/ papel Canson 300 gr., 21,5×31,5 cm.
110,00€ -
“Estatua Un” de María Lapido, Gouache, 30×40 cm.
70,00€ -
“Estatua Dous” de María Lapido, Gouache, 30×40 cm.
70,00€ -
“Ceo oculto” de María Lapido, Acuarela s/ Papel Canson 300gr, 21,5×31,5 cm.
70,00€ -
“Camposanto” de María Lapido, Tinta e acuarela s/ Papel Guarro 240gr, 71×50 cm.
80,00€