Vinculado dende moi novo ás vangardas artísticas e a proxectos culturais. Manuel Teira desenvolveu ininterrumpidamente dende a década do 70 unha longa actividade cultural. Poeta, colaborador da revista universitaria Dorna, autor do
poemario Detido nos Confíns e colaborador en distintos colectivos. Por Man Propia, Voces na Materia, A Cor dos Soños e Luces na Cidade. Foi articulista de La Voz de Galicia.
Pintor e Escultor con numerosas exposicións entre as que cabe destacar a  Mostra Ibeoamericana, Galería Bomarzo, Feira internacional de Marbella, Feira internacional de Vigo, Puro Arte, 25 aniversario do Instituto Barreras Puente. Centro Español La Nacional de Manhattan ( Nova York ), Pazo Torre Xunqueiras, Liceo de Noia, Galería Gaudí de  Madrid, Galería el Taller, de Santiago de Compostela, Fundación Vicente Risco, Bienal de Arte de Vilanova da Cerveira, Art Fair, Nueva Delhi, Olladas na Rúa na Pobra do Caramiñal,etc…