Loli Regueira é licenciada pola facultade de Belas Artes de Pontevedra. Como artista e comisaria organizou numerosas exposicións individuais e colectivas na comarca do Barbanza. Encabezou xunto a outras artistas proxectos tan interesantes como “Malos retratos por un euro” e organizou as conferencias de arte, deseño e artesanía “Artist Downstairs” xunto ao profesor de artes plásticas Pascual Vidal e a doutora en Belas Artes María Magán no Centro Social de Boiro. Adicase ao deseño dixital mais compaxínao coa creación artística.

As súas obras evocan coloridas paisaxes mediante manchas e liñas nacidas do abstracto imaxinario da artista mais conseguindo un mundo figurativo propio.