Comecei neste mundo, debuxando retratos dos meus achegados, incentivado dende neno pola miña familia, e os meus mestres. Estes consideraban que tiña talento para o debuxo. Con gran rapidez, fun capaz de copiar a realidade ó papel. Sin embargo, isto non me enchía, polo que me adiquei a rachar con todo, e a crear sin complexos. Sabía que estudar Belas artes, podíame axudar no meu camiño. Non obstante, ante a miña imposibilidade de realizar isto, por motivos económicos, vinme obrigado a estudar escultura en Santiago, e comprometerme coa práctica da proba e do error. A escultura, foi un mundo novo para min, que me abriu múltiples posibilidades artísticas e novas habilidades como a cerámica, que neste momento ocupa gran parte das miñas preferencias. Como artista, “crear”, acabeino por acoplar á miña rutina. Converteuse nunha necesidade máis, faime feliz. Case nunca parto de ideas preconcibidas do que quero facer, do que quero chegar, do que quero transmitir, simplemente debuxo, pinto ou modelo.

Ler máis

De esta forma as miñas inquedanzas, o meu estado de ánimo, os meus sentimentos, o meu entorno saen por si soas. Podería dicir que as miñas obras, son reflexos únicos da miña persoa, e o que e me rodea. Saco conclusións a posteriori das pezas. Distínguense nelas, un feísmo incesante, moi arraigado en min, e o gusto por temas desagradables e cruentos, que se tornan as veces en graciosos ou patéticos. Considero que se debe poñer en valor as emocións, sin que prevaleza o concepto de bonito nin do valor estético da nosa cultura. Resumindo, a miña obra mostra unha actitude e unha forma de entender o arte propias, unha cousa nestes tempos tan visto no mundo do arte, que as veces non lle damos a relevancia que se merece.