Fotografía virtual 360 de Asestelo fotografía

O vindeiro Sábado 3 de Xullo, a partir das seis da tarde Jorge Agra clausura a súa exposición “Guerra fría” no Espazo para a Arte Os Catro Gatos, de Compostela. ( Rúa das Rodas, 13.)

“A Guerra Fría foi un enfrentamento político, económico, social, ideolóxico, militar e informativo iniciado tras finalizar a Segunda Guerra Mundial entre o bloque Occidental (occidental-capitalista) liderado polos Estados Unidos, o bloque do Este (oriental-comunista) liderado pola Unión Soviética. Neste traballo utilizo as imaxes do fotoxornalismo que cubréu este conflicto entre os anos 1945 (fin da guerra) ao 1989 (caida do Muro de Berlín), como base para facer una interpretación persoal de estes iconos da historia.” Jorge Agra.

Entre os asistentes sortearemos unha serigrafía do Artista, unha obra que foi a base para para unha edición de camisetas que a Revista La Luna, da que Jorge Agra foi colaborador, publicou no ano 1985 con diferentes artistas da Movida Madrileña.