“Cans e ghatos”, unha exposición virtual e benéfica de Loli Regueira xunto a José Luis Torrico e Olga Barea

“Cans e ghatos”, unha exposición virtual e benéfica de Loli Regueira xunto a José Luis Torrico e Olga Barea

Despois de regresar con vida da guerra de Vietnam, un home encerrouse nunha gaiola no galpón da súa casa. Din que sufría tal estrés postraumático que toleou. Cada vez que a súa irmá viña traerlle comida atopábao arrastrándose polo chan. Entre os seus delirios afirmaba ser unha serpe de cascabel pois ata ese animal rastreiro e velenoso era mellor que calquer ser humano.

Na exposición “Cans e ghatos” pódense ver obras de Olga Barea, Loli Regueira e José Luis Torrico quenes forman esta exposición virtual unidos polo debuxo e a sensibilidade cara aos animais. Os artistas quixeron retratar a parte máis tenra dos nosos amigos peludos. Esta pequena exposición ten como obxectivo recadar fondos para axudar ás asociacións e protectoras de animais sen fogar.

Con esta acción de crowdfunding, a pequena achega que fas simboliza a entrada á exposición virtual. Ademáis, os artistas enviarán un pdf por correo electrónico aos mecenas coa información das obras: todas as súas características e dimensións reais. As persoas que merquen a entrada ou algunha das obras tamén poderan enviar unha foto das suas mascotas para que sexan incluidas en vindeiras exposicións do colectivo.

As obras da exposición tamén están á venda a prezos moi asequibles e a sua adquisición permitirá ao colectivo seguir creando accións solidarias como esta.

Se estás interesado nalgunha das obras da exposición podes contactar directamente cos artistas a través do instagram @olga_barea, @torricoartwork ou con Loli Regueira, artista da nosa galería Os Catro Gatos en rede.

Entrada a exposición virtual: gofundme

“Mirarei” de Manuel Nietto en Os Catro Gatos

“Mirarei” de Manuel Nietto en Os Catro Gatos

O pasado sábado 8 de Xaneiro inauguróuse a nova exposición de Manuel Nietto, ” Mirarei “.

O observador, polo xeral, rexeita todo aquilo que lle parece complicado a primeira vista. Esa virxe e espontánea visión trata de simplificar e de atopar sentido, de definir un resumen válido e que se poida entender sen moito esforzo. Non gusta pensar moito fora do cotiá. Non gusta gastar enerxía en algo que non se entenda simple e rapidamente. Só uns poucos curiosos e investigadores en potencia intentan facelo. Ole por eles! . Outros están á espera de momentos nos que, a súa mente está mais sosegada ou se atopa nun período de tranquilidade. Son nestas situacións nas que se amosan por sorpresa aquelas formas que nun principio foron rexeitadas e nas que a mente e o corazón se sincronizan para expandirse e descifrar as composicións mais labirínticas e complicadas.
Unha vez que se acaba de intuír a representación, cando se clarifica a idea e se conforman as masas, formas e cores, empeza a procura do proceso creativo. É aquí cando o observador ten que atopar o camiño da inspiración, aquelo que empurrou ao artista a crear.
Esta colección de obras expresionistas que vos presento baixo o título de Mirarei, non foxen da abstracción pero tampouco se adentran plenamente nela. Con elas presento soños, percepcións, nostalxia e incluso ilusións armadas de luz, color, optimismo e a alegría de vivir.
Desexo que sexan do voso agrado .

Manuel Nietto

A exposición poderase visitar en horario de martes a sábados de 18 a 21 h en Os Catro Gatos, Rúa das Rodas, 13. Santiago de Compostela.

Descobre as obras de Manuel Nietto
“FETICHES” de Natasha Lelenco en Os Catro Gatos

“FETICHES” de Natasha Lelenco en Os Catro Gatos

O pasado 13 de Novembro, inauguróuse “Fetiches”, a segunda exposición da artista moldava Natasha Lelenco no Espazo para a arte OS CATRO GATOS.

Fetiches

Estas pezas xorden nun momento no que confluíron dúas circunstancias particulares e unha global: a reconexión co meu pasado logo dunha viaxe de ida e volta ao meu país de orixe, Moldavia; a instalación nunha nova vivenda e cun obradoiro de traballo no que recuperei a afección que a miña nai tiña por coidar plantas de interior e a situación global de crise sanitaria co fondo da crise climática que o atravesa todo.

No contexto destas circunstancias, afondei no meu interese por un dos aspectos máis desprezados da arte, o Kitsch, a arte popular, o mal gusto. Coa súa aparente trivialidade e obsolescencia, o Kitsch é tanto técnica como esteticamente un dos signos máis representativos da modernidade (e da pos-modernidade, of course), un produto máis dun momento histórico no que a beleza é socialmente distribuída como calquera artigo adscrito a leis de mercado.

O Kitsch é en si mesmo evocación e fascinación polo pasado, un xeito de idealización que conecta moito coa forma na que adoitamos construír o relato da infancia e, nesta medida,  conecta coa intrahistoria da miña formación visual, e como non, coa de todas. Na miña casa, como nas demais casas do Chisinau soviético, un humilde apartamento de 43 metros cadrados, podería faltar de todo, pero non os bibelots, reproducións de pinturas dos museos Hermitage ou Tretyakov a toda cor, plantas exóticas, tapices e demais obxectos de ganga que a nosa mirada enchía de sentido e de valor e que hoxe poñen imaxe á nosa memoria daquel tempo.

Non deixa de ser interesante a fascinación por estes obxectos de raizame cultural coma se foran unha necesidade irrenunciable para familias en situación de precariedade económica, en tanto que elementos imprescindibles para crear fogar e sentimento de pertenza naqueles cubos grises de formigón da arquitectura civil que habitaban.

Estas pezas están construídas con imaxes persistentes da miña memoria e conforman, a partir do fetichismo arredor de obxectos, flores e retratos, un xeito de mapas do tesouro, mapas que, se cadra, non levan a lugar ningún, pero cos que pretendo entrever a volatilidade do que entendemos por beleza e a existencia de territorios libres, desprexuizados e desexosos de cor, que parten do popular e que, dalgún xeito, son os que definen a imaxe dunha época.

Natasha Lelenco

Imaxes da inauguración.

 

Coñece mais de Natasha Lelenco
“Muller” de Carmen Cabaneiro, en Os Catro Gatos. Ata o 6 de Novembro.

“Muller” de Carmen Cabaneiro, en Os Catro Gatos. Ata o 6 de Novembro.

A mostra de escultura en cerámica “muller” tenta simbolizar os camiños trillados da sociedade e as oportunidades que moitas veces suscitan. Mulleres desprovistas de calquera adorno, sen cabelo e con poucos trazos de diferenciación sexual intentan fuxir dos roles de xénero construídos socialmente e que nos encarceran a todos en categorías inxustas e desiguais. Roles que como construcións sociais poden ser destruídos ou transformados por nós mesmos. Preservar os coñecementos adquiridos durante séculos, levantados sobre o tacto, gusto, sabores… en ámbitos íntimos moi feminizados, conquistar a vista, o sentido máis público e intelectual, reservado en gran parte tradicionalmente ós homes. Transformar os obxectos cotiás: froiteiros, verduleiros, cocteleiras, paneiras en obxectos artísticos con novas posibilidades. Partes do corpo humano codificados durante séculos fragmentados e repetidos como o noso interior en combinación con textos constitúen a terra da exposición. É unha iniciativa que pretende rescatar o máis fermoso de ser muller empodeirandonos na nosa creatividade e capacidade de reflexión. Para crear mundos diferentes pero igualmente nosos.
A Autora da mostra Carmen Cabaneiro é unha artista multidisciplinar que une ó seu quefacer artístico ó pensamento. Profesora de Filosofía dende hai décadas non podería comprender a vida sen o seu traballo no taller de escultura e pintura en Castro de Rei, no centro da Terra Chá (Lugo) . Namorada da natureza ten a enorme fortuna de vivir en continuo contacto con ela e iso se traduce na súa obra.
Estudou nas escolas de Artes “Mestre Mateo” de Santiago e “Ramón Falcón” de Lugo. Seleccionada na XXXIV Escola libre de Sargadelos e experiencias artísticas estivais.(2005) e en feiras internacionais como a Bienal de Vilanova da Cerveira e a do Avante en Lisboa.
Ten un Master en Arte Contemporáneo, Crítica e Museoloxía da Universidade de Santiago e foi co-fundadora do Grupo Outro, grupo de 39 artistas de dez países (2005) e do Grupo 2065 en 2010.
Realizou numerosas exposicións individuais e colectivas, nacionais e internacionais (Portugal, París, Bruselas, Milán, Viena, Florida, Beijing, Hong kong… ).
 “Desandar os pasos recibidos culturalmente, esa maraña de símbolos que nos envolve dende a infancia e nos leva a interpretar sempre nun mesmo sentido a vida. Crear pequenos espazos de liberdade creativa que nos ofrezan outras perspectivas ás cales asomarnos para vivir cada latexo e cada paisaxe. Fuxir das prisións impostas socialmente: muller/home, ben/mal, relixiosos/ateos, dereitas /esquerdas… para recrear símbolos que dan serenidade e paz neste marabilloso mundo diverso.
Precisamos habitar Cosmos e non Caos como xa nos lembraban os antigos pitagóricos, unha necesidade humana como tamén a é a de nomear e poñer límites, outorgar significados, delimitar distintas dimensións que inevitablemente interactuan pois é condición do coñecemento humano que o fagan. Mapas insatisfactorios que nos fan indagar novos lugares dentro do territorio convertendo o desacougo en nova liña de investigación, en novo espazo para xogar nun presente elástico, sempre un pouco fuxitivo.”
Carmen Cabaneiro
“HABITAR” de Jose Perozo en La Doce de Boiro

“HABITAR” de Jose Perozo en La Doce de Boiro

Nestra mostra podemos ver unha serie de esculturas que continúan parte da súa investigación persoal no eido das artes plásticas na que o artista indaga ao redor de cómo habitamos o noso propio corpo.

Para perozo é fundamental achegarse ao corpo entendido como “o que se mantén en esa fronteira que nos rodea á que chamamos pel” e onde “cada quen goberna intramuros desa linde con total soberanía”.

É dende ese lugar irredutible, onde Perozo conforma a súa teoría do exterior, e que identificamos como mundo.

De este xeito, o artista convídanos a realizar unha viaxe na que o íntimo e o social mistúranse na creación do propio hábitat. Precisamente “nesa ilusión subxectiva é onde se forman outras posibilidades de contrución”. Outras lóxicas que sirvan de base a unha realidade na que entendamos o corpo como un edificio, un fogar”.

HABITAR convídanos a volver a nós mesmos para así tomar consciencia do noso entorno, comprendendo o noso corpo como a máis definitiva das vivendas na que nunca morreremos.

A exposición poderase ver ata o vindeiro 23 de Outubro.

 

Galería La Doce

Descobre a Jose Perozo
“MOODS” de Delio Sánchez no Faro Vilán.

“MOODS” de Delio Sánchez no Faro Vilán.

Durante o mes de Agosto, no Faro Vilán de Camariñas, podemos disfrutar da última exposición “Moods” de Delio Sánchez.

Os horarios de visita son de martes a domingo de 11 a 14 e de 16 a 20 h.

.

.

Moods é una serie de arte abstracta pura, pero ademais en algunhas das obras se poden intuir paixases ou mariñas.

.

 

 

 

 

.

Obras de gran xestualidade, en técnicas mixtas, en pequeno e mediano formato.

“Moods” son estado de ánimo, que transitan por carreiros de abstractas paixases, nas que o pintor camiña sen brúxula. Unha obra de acción, de intuición, unha arte espontánea na que se aprecia o xesto da pincelada, grafismos ou petroglifos, unha nova derivada nesta obra na que Delio anda a investigar.

.

.

 

 

 

.

Delio Sánchez / obras
Improdutivas de María Lapido no Clem Café.

Improdutivas de María Lapido no Clem Café.

No Clem Café da Rúa de San Pedro 118 de Santiago de Compostela atopamos a exposición “Improdutivas”.

 

Improdutivas
Ao longo da historia tendemos a identificar como parcelas femininas espazos sen interese social ou incluso improdutivos, mesmo o imaxinario xerado pola historia da arte representa mulleres ou que se mostran pasivas ante a mirada do artista, ou que son obxectos de accións mínimas, como mirar pola ventá, camiñar polo campo, etc. As actividades das mulle actividades das mulleres non gozaron de recoñecemento, pero xustamente carecen deste recoñecemento por pertencer ao “mundo das mulleres” non por ser obxectivamente tarefas secundarias. Hoxe en día loitamos para que as mulleres ocupen espazos dos que se nos exclúe por costume e buscamos xustiza reparadora, facendo unha necesaria segunda lectura da historia. Nesta mostra invitamos á reflexión para dignificar á muller na súa esfera autorizada e así entender que non todo o que criamos como improdutivo é realmente accesorio. A pausa que se da no entorno privado é esencial, permite a reflexión, o autocoñecemento, a comunicación, a transmisión interxeracional de tradicións… Eses momentos e espazos do miúdo sentan as bases da nosa educación e a nosa saúde mental; xeran calidade de vida.

 

                          

 

…a idea xeral é que busco dignificar os espazos que tradicionalmente as mulleres estaban autorizadas a ocupar, non como espazos físicos, se non de xeito que identificamos ese imaxinario social a través de dúas bandas, a imaxe creada da muller pasiva a través da historia da arte, e as mulleres do noso entorno, no meu caso, amas de casa, que deron dignidade as súas tarefas no fogar, a cociña, o coidado do xardín, os momentos de pausa, conversa e a intencionalidade de compartir… que represento a través de imaxes do xardín da miña avoa, dos pratos da miña bisavoa, de mans en contacto co miúdo, cos insectos como metáfora da atención nos detalles, de mulleres coidadoras que tamén se coidan a sí mesmas...” María Lapido.