Gema López presenta “El armario”, o seu primeiro poemario ilustrado.

Gema López presenta “El armario”, o seu primeiro poemario ilustrado.

O vindeiro venres, día 9, preséntase “El armario”, publicado pola editorial Multiverso, en O Vello Cárcere (Lugo) ás 20 horas.
O evento será moderado por Encarna Lago, xerente da Rede Museística de Lugo.
___________

El armario é un poemario ilustrado que narra un proceso de autodescubrimento que se desenrola a través da crisis existencial de unha muller de 30 años. Aprotagonista acota as súas oríxes mientras se cuestiona os esquemas familiares do pasado e que se posiciona nunha maior liberdade e amplitude de miras. Esto desemboca nun vaivén de pracer e dor que a obrigará a enfrentarse a aquiloo que más teme: a soidade.

El armario é un diario intimista e feminista que, con unha lenguaxe directa, invita á reflexión acerca de algúns dos preceptos estabrecidos que nos coartan no noso día a día.

.

.

Deixamos aquí un petisco do libro.
.
.
No hay miedo posible, no hay espacios
todo es seguro, inconcluso
y asqueroso, vírico.
Todo es carne en esta inmediatez
en esta suciedad.
.
.
.
.
.
Ahora que soy cuervo
ahora que mis ojos han dejado de sangrar
nada me preocupa del invierno.
Ahora soy mar
es decir
soy autosuficiente
y bebo de mí.
.
.
Se queres mercar o libro podes facelo aquí
Cartel matriz
Clausura de “Guerra Fría” de Jorge Agra, no Espazo Os Catro Gatos.

Clausura de “Guerra Fría” de Jorge Agra, no Espazo Os Catro Gatos.

Fotografía virtual 360 de Asestelo fotografía

O vindeiro Sábado 3 de Xullo, a partir das seis da tarde Jorge Agra clausura a súa exposición “Guerra fría” no Espazo para a Arte Os Catro Gatos, de Compostela. ( Rúa das Rodas, 13.)

“A Guerra Fría foi un enfrentamento político, económico, social, ideolóxico, militar e informativo iniciado tras finalizar a Segunda Guerra Mundial entre o bloque Occidental (occidental-capitalista) liderado polos Estados Unidos, o bloque do Este (oriental-comunista) liderado pola Unión Soviética. Neste traballo utilizo as imaxes do fotoxornalismo que cubréu este conflicto entre os anos 1945 (fin da guerra) ao 1989 (caida do Muro de Berlín), como base para facer una interpretación persoal de estes iconos da historia.” Jorge Agra.

Entre os asistentes sortearemos unha serigrafía do Artista, unha obra que foi a base para para unha edición de camisetas que a Revista La Luna, da que Jorge Agra foi colaborador, publicou no ano 1985 con diferentes artistas da Movida Madrileña.

 

“El armario” o novo poemario ilustrado de Gema López.

“El armario” o novo poemario ilustrado de Gema López.

Sinopse:
“El armario” é un poemario ilustrado que narra un proceso de autodescubrimento que se desenrola a través da crise existencial dunha muller de 30 anos. A protagonista acota os seus orixes mentras se cuestiona os esquemas familiares do pasado e se posiciona nunha maior liberdade e amplitude de miras. Isto desemboca nun vaivén de placer e dor que a obligará a poñerse en fronte a aquilo que máis teme: a soidade.
“El armario” é un diario intimista e feminista que, cun lenguaxe directo, invita á reflexión acerca dalgúns dos preceptos establecidos que nos coartan no noso día a día.
.
Autora: Gema López – Editorial: Multiverso – Idioma: castelán – Prezo: 16 €.
.
Xabier Liz, discípulo de Nóvoa

Xabier Liz, discípulo de Nóvoa

Octubre 2010 067

Xabier Liz con Leopoldo Nóvoa no estudio de este. Outubro 2010. Foto Paco Yáñez.

Contemplar un cadro pode transformarse en contemplar unha paixase que nos trae recordos lonxanos. Cando ollamos a obra de Xabier Liz podemos sentir a profundidade das súas creacións cheas dun carácter escultórico que as alonxan das tradicionais dúas dimensións pictóricas.

O artista  compostelán sempre recoñece a enorme débeda estilística que contraxo co pintor e escultor Leopoldo Nóvoa, cuxa influenza non só se recoñece nos materiais, senón tamén nas estructuras das que emerxen estas obras orgánicas de infinitos matices.

Son as cinzas e a pedra pómez as pinturas que emprega envolvendo ditas estructuras que se proxectan en maior ou menor medida cara os nosos ollos, invadindo a realidade desde a obra que xurde  dende a parede que a acolle.

Madeira, tecidos e metais enredados en ferruxe dotan de cores naturais e recoñecibles uns cadros que segundo o pintor habitan nos espazos máis próximos a nós. Poderíamos pensar que estas abstraccións son meras disposicións de materias e engrudos, mais recrean o mesmo que a pintura realista tenta captar, a realidade do mundo das emocións, dos recordos e das ideas.

Nada hai tan próximo e familiar como as emocións que sentimos, retratadas por Liz do mesmo xeito que as artellamos a cada instante. Pode que a arte abstracta sexa aínda máis próxima a nós, segundo esta idea, do que unha paisaxe ou calquera representación do mundo externo, xa que esa abstracción habita en cada un de nós.

A procura da cor móvese en ocasións en matices moi delicados, en diferentes grans das superficies que poden pulimentarse de moitos xeitos. Son horas de traballo no estudio que precisan de tempo de repouso, tanto polos materiais en si mesmos como polo proceso creativo que os configuran.

  1. A pesar da simplicidade dos materiais, os resultados categorizan o tempo no que vivimos fuxindo do evidente.

Unha natureza independente son os papelines, pequenas superficies cheas de volumes e intensidades que resumen en grande medida a obra de maior dimensión, empregando as mesmas materias pero configurándoos dun xeito máis lixeiro.

Ademais da pintura sobre tea, eso si, teas estiradas e forzadas en posturas volumétricas, as pinturas sobre táboa están sendo na actual etapa do pintor o seu foco de traballo. Pequenas táboas que recollen unha condensación de materiais traballados cunha temporalidade independente. Pequenas contencións de emocións que centran o noso ollar nada máis velas.

.

Xabier Liz / Obra