Rebeca Lar, premio Novos Valores 2021

Rebeca Lar, premio Novos Valores 2021

O pasado mes de Xuño, déronse a coñecer os gañadores da edición 2021 de Novos Valores, entre os que está a artista Rebeca Lar.

 

Sen título (sobre paseos e arrepentimentos) é unha pintura que, reflexionando sobre a paisaxe, aborda tres cuestións: os conceptos de arrepentimento e paseo e a idea do proceso artístico. Sobre este último punto, é importante comentar que a forma de presentar o proxecto tenta imitar o taller da artista, o lugar do inconcluso, do mutable, do provisional, do ininterrompido, do transitorio… Velaí que (sobre todo na peza da parte inferior) se vexa a madeira do bastidor, as grampas, a tea dobrada e a imaxe borrosa e inacabada.

O marco teórico da peza queda plasmado coas definicións recollidas na instalación pictórica, e garda relación coas investigacións que estou a desenvolver neste momento, vinculadas con temáticas de memoria histórica. E é aquí precisamente onde se mesturan os dous focos da pintura: xa que a memoria histórica é un terreo pantanoso, non exento de polémicas de diferentes dimensións (mesmo cando se abordan desde a práctica artística), quixen establecer un xogo conceptual coa figura do arrepentimento, ese proceso que aparece unha e outra vez na historia da arte como unha sorte de corrección das pinturas que é visible no resultado definitivo.

Efectivamente, o meu xogo implica o erro e, ao darlle a volta ao bastidor e amosar as súas feridas, fai do arrepentimento ou corrección o motivo principal da composición. O xogo faise patente na introdución dun grupo de miniaturas herdadas, unhas figuriñas bélicas de plástico coas que meu irmán combatía de pequeno, organizando trincheiras, escuadróns e ofensivas nun descampado que, tal vez, fora escenario dalgún fusilamento real na primeira metade do século pasado.

Con todos estes elementos, trato de establecer un paralelismo entre a idea de arrepentirse, co significado de ‘ter un sentimento de pesar por algo que se fixo ou se deixou de facer’, e a de dar o paseo, ‘levar unha persoa pola forza, durante a guerra civil española de 1936, para despois fusilala’. Trátase, en definitiva, dunha reflexión pictórica sobre os lugares que habitamos e, sobre todo, sobre aqueles que pisamos cada día.

 

Descobre a obra de Rebeca Lar
“HABITAR” de Jose Perozo en La Doce de Boiro

“HABITAR” de Jose Perozo en La Doce de Boiro

Nestra mostra podemos ver unha serie de esculturas que continúan parte da súa investigación persoal no eido das artes plásticas na que o artista indaga ao redor de cómo habitamos o noso propio corpo.

Para perozo é fundamental achegarse ao corpo entendido como “o que se mantén en esa fronteira que nos rodea á que chamamos pel” e onde “cada quen goberna intramuros desa linde con total soberanía”.

É dende ese lugar irredutible, onde Perozo conforma a súa teoría do exterior, e que identificamos como mundo.

De este xeito, o artista convídanos a realizar unha viaxe na que o íntimo e o social mistúranse na creación do propio hábitat. Precisamente “nesa ilusión subxectiva é onde se forman outras posibilidades de contrución”. Outras lóxicas que sirvan de base a unha realidade na que entendamos o corpo como un edificio, un fogar”.

HABITAR convídanos a volver a nós mesmos para así tomar consciencia do noso entorno, comprendendo o noso corpo como a máis definitiva das vivendas na que nunca morreremos.

A exposición poderase ver ata o vindeiro 23 de Outubro.

 

Galería La Doce

Descobre a Jose Perozo
Novo libro de Isabel Blanco, ilustrado por María Lapido.

Novo libro de Isabel Blanco, ilustrado por María Lapido.

portada da obra

SINOPSE:

De Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), este libro recolle as biografías de vinte galegas que abriron as portas da ciencia vencendo obstáculos e, en ocasións, burlas e desprezos, e deron paso a milleiros de mulleres.
Este libro é homenaxe e alentó, é memoria e presente e, sobre todo, é saberse futuro.

.

.páxinas interiores

NOTA DA AUTORA:

«Hai tempo que lle debía a unha amiga un libro sobre mulleres e ciencia, un libro que animase as novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen; un libro que axudase a romper estereotipos de xénero e abrise as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. E, para iso, decidín apoiarme na historia de vinte mulleres científicas.
A súa elección non foi froito do azar. Os criterios de selección estiveron guiados por varias premisas.
A primeira delas, a galeguidade, é dicir, que fosen mulleres, nadas ou non en Galicia —a maioría naceron aquí— cuxas vidas profesionais se desenvolvesen ou estivesen fortemente vinculadas a esta terra.
A segunda premisa foi que esas mulleres atravesasen as portas —tanto tempo pechadas para elas— do mundo científico e tecnolóxico e o fixesen a pesar dos obstáculos e, en ocasións, das burlas e dos desprezos. Quixen rescatar as pioneiras, as primeiras, as que abriron o camiño para as demais.
Por último, o criterio cronolóxico levoume a comezar no século XVIII, onde atopei a Isabel Zendal, e terminar en 1948. As razóns para rematar nese ano foron, por unha banda, pechar unha década e, por outra, retratar parte dos anos máis difíciles de España, coa Guerra Civil polo medio. Desde logo, as décadas dos 50 e 60 do século XX tampouco foron fáciles para as mulleres, pero o maio do 68 en Francia e a segunda onda feminista que percorreu as décadas dos 60, 70 e 80 daban azos cara á procura dunha sociedade igualitaria.
Aínda seguindo estes criterios quero aclarar que hai moitas máis mulleres galegas que desde o século XVIII e ata os anos 50 do xx se dedicaron ao mundo da ciencia, a tecnoloxía e a investigación. Centos. E hoxe, máis de medio século despois, miles. E queremos ser centos de miles.
Este libro é homenaxe e alento, é memoria e presente e, sobre todo, é saberse futuro».

.
SOBRE AS AUTORAS:

.
ISABEL BLANCO (Vigo, 1962). Tras gañar diferentes concursos literarios, en 2012 publicou o seu primeiro libro de relatos, Historias de almas inquietas (Belagua, 2015), ao que lle seguiron Los mundos ajenos (Belagua, 2015) e o poemario en galego Verbas cum (Belagua, 2015) ilustrado pola artista Irene Silva Xiráldez.
É autora, ademais, da biografía novelada María Vinyals, un talento rebelde (Belagua, 2018) e coautora, xunto á ilustradora Luz Beloso, da colección Rosaura (Belagua, 2018) de álbumes ilustrados infantís (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz).
Licenciada en Dereito, exerce en Vigo como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.

.
MARÍA LAPIDO (Ferrol, 1988). Estudou Fotografía Artística no EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Vinculada ao activismo feminista, traballa sobre a imaxe da muller como suxeito activo e pinta acuarelas de mulleres nas que a expresividade dos xestos das retratadas transmiten forza e vulnerabilidade, nunha sorte de equilibrio emocional reflexo da
complexidade da identidade feminina na nosa enxuizadora sociedade.

.
CONTACTO COAS AUTORAS:
Isabel Blanco: Tel. 695 552 504
María Lapido: Tel. 690 104 374

.
MÁIS INFORMACIÓN:
Edurne Baines
Directora de Belagua Ediciones
correo@belaguaediciones.com
Tfno: 697 374 640

.Descobre a Maria Lapido

 

“MOODS” de Delio Sánchez no Faro Vilán.

“MOODS” de Delio Sánchez no Faro Vilán.

Durante o mes de Agosto, no Faro Vilán de Camariñas, podemos disfrutar da última exposición “Moods” de Delio Sánchez.

Os horarios de visita son de martes a domingo de 11 a 14 e de 16 a 20 h.

.

.

Moods é una serie de arte abstracta pura, pero ademais en algunhas das obras se poden intuir paixases ou mariñas.

.

 

 

 

 

.

Obras de gran xestualidade, en técnicas mixtas, en pequeno e mediano formato.

“Moods” son estado de ánimo, que transitan por carreiros de abstractas paixases, nas que o pintor camiña sen brúxula. Unha obra de acción, de intuición, unha arte espontánea na que se aprecia o xesto da pincelada, grafismos ou petroglifos, unha nova derivada nesta obra na que Delio anda a investigar.

.

.

 

 

 

.

Delio Sánchez / obras
Delio Sánchez, inaugura “Moods” no faro Vilán de Camariñas.

Delio Sánchez, inaugura “Moods” no faro Vilán de Camariñas.

“Moods” incorpora novas obras a esta nova exposición na sala do Faro Vilán de Camariñas; despois de ser mostrada na Galería Apostrophe de Vigo, no Liceo de Noia e no Museo Austión Tirado de Mota de Cuervo ( Cuenca ), tócalle agora o turno a unha sala nun marco imcomparable da costa da morte.

Son obras dunha serie na que Delio anda inmerso desde fai 3 anos, de marcado carácter abstracto.

“en moitas delas intúense paisaxes, mesmo petroglifos, que é unha derivada que estou collendo últimamente. Interésame moito facer estes grafismos e integralos na obra” Delio Sánchez

"Moods" de Delio Sánchez, acrílico s/lenzo, 83x83 cm