Angeli Rivera realiza paisaxes entre os que atopamos diferentes series, unha delas paisaxes ou espazos interiores, fundamentalmente de casas de amig@s, buscando representar neles algo da súa personalidade. Despois hai outra serie que son paisejes externos nos que tenta analizar momentos que teñen maxia e probar a descifrala. Dentro deste grupo hai varias temáticas, unha de xardíns, outra da cidade de Santiago e dentro deste conxunto hai unha apartado importante protagonizado polos tellados da cidade de Santiago, tellados que son case vermellos e que adquiren unha forza e un protagonismo especial. Actualmente desenvolve a serie de cociñas de casas de amig@s a modo de retrato dos mesmos, movéndose formalmente entre diferentes estilos figurativos pero co denominador común da intensidade e protagonismo da cor. 

Angeli Rivera é de Priego de Córdoba e residente Santiago de Compostela. Aos doce anos empeza a pintar e aos quince sae a pintar paisaxes do natural con dous amigos, o que sería o xerme da Escola Libre de Artes Plásticas de Priego de Córdoba. Estuda BBAA en Granada e asiste aos cursos de pintura ao aire libre de paisaxe e de retrato con Antonio Povedano, cursos de paisaxe do natural con Antonio Zarco, cursos de fundición de bronce con Venancio Blanco, e cursos de gravado con Manuel Manzorro aos que considera verdadeiros mestres.